Actividades do noso xeriátrico en Betanzos

Actividades do noso xeriátrico en Betanzos

Diferentes actividades en Vivenda Comunitaria San José

Ampla variedade de actividades para as persoas maiores

Para o entretemento dos nosos residentes e co fin de axudalos a estimular o seu corpo e a súa mente, realizamos unha gran variedade de actividades diarias. Queremos que sentan como na casa e que a súa estancia na Vivenda Comunitaria San José en Betanzos sexa cómoda e agradable, por iso contamos cun amplo catálogo de servizos e actividades. Coidamos aos vosos familiares coma se fosen nosos, traballamos diariamente para manter a súa saúde e a súa alegría.

Ampla variedade de actividades para as persoas maiores
Terapia Ocupacional

Terapia Ocupacional

Na Vivenda Comuntaria San José contamos con profesionais especializados en Terapia Ocupacional cuxa principal labor é axudar aos nosos residentes para manter o seu benestar e a súa saúde a través da realización de diferentes actividades. Mediante estas ocupacións diarias tentamos que consigan levar a cabo tarefas que queren ou necesitan realizar.

Traballamos diariamente para levar a cabo tratamentos adecuados para que os maiores que acoden á nosa residencia alcancen o maior grao de independencia posible no seu día a día, para que se recuperen de diferentes enfermidades ou para que se adapten ás súas limitacións.

Animación Sociocultural

Chamamos animación sociocultural ao conxunto de actividades que levan a cabo para fomentar a participación dos nosos residentes, animalos, fomentar as relacións e os vínculos... Trátase de levar a cabo diferentes prácticas sociais para potenciar a súa participación social e cultural. Desta forma, axudamos ás persoas para integrarse nos núcleos de convivencia mediante diferentes actividades de lecer.

Animación Sociocultural
Manualidades

Manualidades

Realizamos diferentes manualidades para fomentar a creatividade e mobilidade dos nosos residentes, así como para estimular o seu cerebro e pasar o tempo con algunha ocupación. Levamos a cabo diferentes tarefas orientadas a persoas da terceira idade.

Actividade física e motora

Mediante a realización de actividades físicas conséguese traballar os músculos e gañar enerxía. Para persoas de idade avanzada é fundamental realizar unha dose diaria e suave de actividade física para manter a súa mobilidade ou para mellorar a mesma. Os nosos profesionais traballan día tras día para axudar a estas persoas para realizalas.

Actividade física e motora

Os nosos financiadores públicos

  • Deputación da Coruña
  • Xunta de Galicia
  • Unión Europea

Contacte coa nosa vivenda comunitaria en Betanzos

Como pode comprobar ofrecemos un coidado integral e personalizado en Vivenda Comunitaria San José. Se quere saber máis acerca das nosas instalacións ou os nosos traballadores, non dubide en contactar connosco.